Datos técnicos Natureza Historia Turismo Fotos e vídeos Descargas
Os asentamentos castrexos situados en Sada responden á tipoloxía propia da cultura castrexa de Galicia: situados en zonas elevadas e con muros defensivos de planta circular. Destacables polo seu tamaño e o seu estudo, son os castros de Meirás e Agra das Arcas (Samoedo) e o asentamento costeiro de Punta de San Mamede (Carnoedo).
O proceso de romanización debeu ser lento e del, ademais de restos de cerámica, atopouse unha lauda funeraria, de personaxe togado, no muro do cemiterio de Soñeiro e unha ara votiva dedicada ao deus Cosus no adro da Igrexa de San Martín de Meirás, hoxe depositada no Museo Arqueolóxico da Coruña.
Ademais do edificio A Terraza, existen destacadas construcións de relevancia monumental: o Pazo de Meirás, Castro de Samoedo, Trasín, Santa María, a Casa Barrié ou o Colexio de “Sada y sus Contornos”, pero tamén edificios contemporáneos como a Casa da Cultura Pintor Llorens ou o Complexo Industrial de Cerámicas de O Castro.