A ruta lévanos ata tres miradoiros con zonas de descanso. O primeiro nas inmediacións da Punta da Herba, dende onde se pode ver a praia de Morazón e a Pena da Herba. O segundo é o Miradoiro da Ria, no que existen unhas excelentes vistas panorámicas. A partir deste punto a ruta continúa polo litoral ata chegar á chaira da Praia da Arnela onde se sitúa o terceiro miradoiro. Continuando polos camiños existentes, enlázase cunha pista asfaltada que lleva a carón do Cruceiro de Carnoedo e, un pouco máis adiante, ao lugar de Pedreira.
A ruta continúa entón por un camiño que atravesa bosques mixtos e deixa entrever a ría. Chegados ó Campo da Cruz descéndese ata a Punta de San Mamede, onde existe unha vista magnífica da Ría de Betanzos e da de Ares.
A. Castelo de Fontán-Cruceiro de Carnoedo:
Percorrido: 2,4 km
Duración: 1 h
B. Cruceiro de Carnoedo-Praia de Cirro:
Percorrido: 7 km
Duración: 3 h
Dificultade: Baixa
Tipo de trazado: Lineal, bidireccional
Punto partida: Castelo de Fontán
Punto chegada: Praia de Cirro
Concellos polos que pasa: Sada

Folla de información da Ruta. Formato PDF, é necesario o programa Acrobat Reader que podes obter aquí