Datos técnicos Natureza Historia Turismo Fotos e vídeos Descargas
Esta ruta ten a súa orixe e final no Faro de Punta de Mera, indicador da entrada ao porto da Coruña e antigo posto de defensa. Este consta de dúas torres de 11 e 14 metros de altura respectivamente; acadando os seus focos unha altura de 56 e 81 metros sobre o nivel do mar. Dende a praia é posible observar unha das torres, pero só dende o miradoiro se pode ver a segunda. Están separadas por 300 metros e dende a súa localización tense unha vista panorámica de 270º de mar e unha excelente perspectiva da ría da Coruña. Esta, chamada tamén Ría do Burgo está encadrada nas rías altas dentro do denominado Golfo Ártabro.
Este área costeira estratexicamente situada foi localización dunha antiga batería militar, a batería de Mera. Xunto con outras baterías e os fortes de Santa Cruz e San Antón forman parte das estruturas de protección da ría da Coruña. Estes fortes construídos en 1640 e 1655 non tiñan defensas terrestres. A raíz da I Guerra Mundial, en España, leváronse a cabo varios plans de defensa nos portos. Considerando Ferrol como un dos estaleiros mais relevantes da época se procedeu a levar a cabo un proceso de armado en todo o Golfo Ártabro. Durante a ditadura de Primo de Rivera en 1926, as rías de Ferrol e A Coruña convertéronse en enclaves espectacularmente protexidos. As ruínas militares de Costa de Dexo corresponden á batería de Seixo Branco, deseñada antes da Guerra Civil.