Datos técnicos Natureza Historia Turismo Fotos e vídeos Descargas
A Ruta dos Faros de Mera permite gozar dos cantís mariños, os illotes e a flora e fauna costeira, sendo unha área de grande interese xeomorfolóxico e paisaxístico, catalogada como Lugar de Interese Comunitario (LIC) dentro da Rede Natura 2000 e Monumento Natural.
Durante a ruta o camiñante pode deleitarse coa variedade da fauna do litoral de Dexo, en particular as especies ornitolóxicas mariñas. A gaivota patiamarela, o corvo mariño cristado e o falcón peregrino, son algunhas das aves que sobrevoan estes cantís costeiros. Tamén, a superficie que ocupa a matogueira costeira alberga especies de aves, como a papuxa montesa, e de mamíferos como o coello, moi abundante en toda a área do Faro de Mera.
Punto partida: Faro de Mera
Punto chegada: Faro de Mera
Percorrido: Enseada por o faro de Mera
Dificultade: Baixa
Duración: 0,5 h
Material: Calzado cómodo con bo axuste
Apto para bicicleta: No
MIDE: (Método de Información de Excursións) | |||||
---|---|---|---|---|---|
Medio: | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
Percorrido: | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
Desprazamento: | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
Esforzo: | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
