Ruta 4. Seixo Branco. Turismo

Datos técnicos Natureza Historia Turismo Fotos e vídeos Descargas
 

A ruta 4 (Seixo Branco) transcorre por espectaculares escarpados modelados polo mar e polo vento dando lugar a formacións peculiares como covas mariñas (furnas) que emiten chorros de auga pulverizada. Un filón branco de cuarzo (O Seixo Branco) asoma do mar e dálle nome á zona mentres é sobrevoado por aves mariñas e falcóns peregrinos. Esta situación estratéxica conserva restos da cultura celta e do emprazamento dunha batería militar anterior á Guerra Civil.

Turismo de Galicia
A Coruña Gústame
Concello de Oleiros

© Consorcio das Mariñas

Top