Datos técnicos Natureza Historia Turismo Fotos e vídeos Descargas
Google Maps
A Ruta Seixo Branco discorre polo Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes, que ocupa o tramo costeiro comprendido entre o faro de Mera e o porto de Lorbé, entre as rías de Ares, Betanzos e A Coruña, no denominado Golfo Ártabro.
É un espazo natural de gran riqueza biolóxica, declarado Monumento Natural no ano 2000 e recoñecido como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e Lugar de Importancia Comunitaria, e está integrado dentro da Rede Galega de Espazos Naturais Protexidos.
O itinerario transcorre por un sendeiro que nos permite descubrir parte dos tesouros do Monumento Natural, como son:
Lonxitude: 4,2 km
Punto partida: Canabal
Punto chegada: Canabal
Percorrido: O Seixo Branco, Furnas, castro de Subiña, Monte Grande
Dificultade: Media
Duración: 2 h
Material: Calzado cómodo con bo axuste
Apto para bicicleta: Algúns tramos
Punto partida: Canabal
Punto chegada: Canabal
Percorrido: O Seixo Branco, Furnas, castro de Subiña, Monte Grande
Dificultade: Media
Duración: 2 h
Material: Calzado cómodo con bo axuste
Apto para bicicleta: Algúns tramos
MIDE: (Método de Información de Excursións) | |||||
---|---|---|---|---|---|
Medio: | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
Percorrido: | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
Desprazamento: | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
Esforzo: | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
- A batería (de proxectores) que serviu para buscar e iluminar posibles obxectivos militares.
- A “Punta do Seixo Branco”, filón de granito que debe o seu nome á gran veta de cuarzo branco visible que aflora o serpea polo acantilado cara ao mar.
- As furnas (Ollo pequeno, A Regocha, Ollo grande) que son covas mariñas formadas pola acción das ondas.
- Castro de Subiña, situado no alto do monte de Subiña, ofrece unha espectacular vista da enseada de Mera. Consta de dúas estructuras concéntricas (sen escavar).
