Google Maps
A ruta comeza na vila de Cambre, a carón do Museo Arqueolóxico do Xacemento Romano, moi preto dunha xoia da arte románica galega, o Mosteiro de Santa María de Cambre, catalogado como Monumento Nacional. O camiño constitúe un auténtico percorrido pola historia de Galicia xa que discorre polos castros de Cambre e Armental. Descubrindo fermosas corredoiras, se chega á Pena da Nosa Señora, lugar rodeado de misterio, no que aínda perduran petroglifos dos primeiros habitantes destas terras.
Ademais dos importantes valores culturais, na ruta pódense gozar tamén de paisaxes de interese, como é a fraga que aínda se conserva. O camiño remata finalmente no lugar de partida.
Percorrido: 9 km
Duración: 3 h
Dificultade: Baixa
Tipo de trazado: Circular
Punto partida: Museo de Cambre
Punto chegada: Museo de Cambre
Concellos polos que pasa: Cambre
Duración: 3 h
Dificultade: Baixa
Tipo de trazado: Circular
Punto partida: Museo de Cambre
Punto chegada: Museo de Cambre
Concellos polos que pasa: Cambre

Folla de información da Ruta. Formato PDF, é necesario o programa Acrobat Reader que podes obter aquí