Datos técnicos Natureza Historia Turismo Fotos e vídeos Descargas
A Ruta Porto de Dexo pode comezar e rematar o seu percorrido en dous puntos: no porto de Dexo e na igrexa do mesmo nome.
O sendeiro transcorre a través de plantacións de bosques de piñeiros e eucaliptos nas proximidades do litoral, xunto con manchas de árbores autóctonas, como carballos e loureiros, mentres que na franxa costeira abundan as formacións arbustivas de toxo. Con respecto á fauna mariña, pódense observar especies de aves como a gaivota patiamarela ou o corvo mariño cristado. Aínda que algo máis complicado, cómpre escudriñar o horizonte na procura de golfiños e baleas. Esta ruta permite visitar o porto natural de Dexo, unha cala que lle permitiu o acceso ao mar e aos seus recursos á antiga poboación inicialmente labrega.
Punto partida: Igrexa de Dexo / Porto de Dexo
Punto chegada: Igrexa de Dexo / Porto de Dexo
Percorrido: Igrexa, muíño, Porto de Dexo, Castro Punta Roza
Dificultade: Baixa
Duración: 1,5 h
Material: Calzado cómodo con bo axuste
Apto para bicicleta: No
MIDE: (Método de Información de Excursións) | |||||
---|---|---|---|---|---|
Medio: | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
Percorrido: | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
Desprazamento: | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
Esforzo: | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |