Ruta 3. Porto de Dexo. Datos Técnicos

Datos técnicos Natureza Historia Turismo Fotos e vídeos Descargas
 


Google Maps


A Ruta Porto de Dexo pode comezar e rematar o seu percorrido en dous puntos: no porto de Dexo e na igrexa do mesmo nome.

O sendeiro transcorre a través de plantacións de bosques de piñeiros e eucaliptos nas proximidades do litoral, xunto con manchas de árbores autóctonas, como carballos e loureiros, mentres que na franxa costeira abundan as formacións arbustivas de toxo. Con respecto á fauna mariña, pódense observar especies de aves como a gaivota patiamarela ou o corvo mariño cristado. Aínda que algo máis complicado, cómpre escudriñar o horizonte na procura de golfiños e baleas. Esta ruta permite visitar o porto natural de Dexo, unha cala que lle permitiu o acceso ao mar e aos seus recursos á antiga poboación inicialmente labrega.

Lonxitude: 3,1 km
Punto partida: Igrexa de Dexo / Porto de Dexo
Punto chegada: Igrexa de Dexo / Porto de Dexo
Percorrido: Igrexa, muíño, Porto de Dexo, Castro Punta Roza
Dificultade: Baixa
Duración: 1,5 h
Material: Calzado cómodo con bo axuste
Apto para bicicleta: No

MIDE: (Método de Información de Excursións)
Medio: 1 2 3 4 5
Percorrido: 1 2 3 4 5
Desprazamento: 1 2 3 4 5
Esforzo: 1 2 3 4 5



Perfil Ruta 3

© Consorcio das Mariñas

Top