Ruta 3. Xalo e os sete regos

Google Maps


Ruta deseñada con tres circuitos enlazados entre si, de xeito que ofrece varios niveis de dificultade.

O camiño comeza fronte á Igrexia románica de Santa María de Cambre, iniciada a finais do século XII e declarada Monumento Nacional, e conduce cara o lugar dos Campóns, logo de cruzar a vía do tren e o río Mero. Máis adiante chégase á Fonte de San Bieito e á súa fermosa capela.

O camiño coincide cunha parte do Camiño Inglés a Compostela e continúa por unha serie de pistas que atraviesan diversos lugares, como Tabeado, Vinxeira ou Celas de Peiro, ata chegar ó punto máis alto do percorrido, o Monte Xalo, dende o cal se poder ver unhas espectaculares vistas da comarca. Logo descende en dirección a Folgueira, chegando posteriormente ós Muiños de Vilaverde.

Unha vez cruzado o río Brexa, chégase de novo a Tabeado e báixase en dirección a Sergude, onde se enlaza novamente co Camiño Inglés. A ruta cruza de novo o río Brexa e continúa polos lugares da Grela, Folgueira, Santa María de Vigo e Andeiro, para cruzar por última vez o Brexa. A partir deste punto pódese desfrutar das vistas dende o Monte Meán, onde se descende paseniñamente por lugares como A Aldea ou As Rexas. Finalmente chégase ó lugar de Socampo, dende onde se acada o punto final da ruta, no Campo da Feira de Cambre.

Percorrido: 52 km
Duración: 5 h
Dificultade: Baixa
Tipo de trazado: 3 rutas circulares
Punto partida: Museo de Cambre
Punto chegada: Igrexa de Santa María de Cambre
Concellos polos que pasa: Carral, Cambre e Culleredo


Folla de información da Ruta
Folla de información da Ruta. Formato PDF, é necesario o programa Acrobat Reader que podes obter aquí
Ruta Google Earth
Arquivo coa Ruta en formato KML para Google Earth (comprimido en zip)
Coordenadas Ruta GPS
Arquivo coa Ruta en formato GPX para dispositivos gps (comprimido en zip)

© Consorcio das Mariñas

Top