Google Maps
A ruta comeza na praia de Barrañán e percorre unha serie de camiños que eran frecuentados por persoas que se achegaban ata a praia e por comerciantes da area. Tamén discorre preto de elementos etnográficos singulares, como é o castro de Armentón e os muíños de Margarida, da Ibia e dos Zapata. Xa no lugar de Monteagudo, na metade de ruta, pódese visitar unhas das xoias románicas de Arteixo: a Igrexa Parroquial de San Tomé de Monteagudo.
Este camiño tamén achega ao camiñante a zonas de grande importancia ecolóxica e paisaxística, como é a Fraga de Sisalde, e bordea en todo momento o curso do río que lle dá nome, o Río de Sisalde.
Percorrido: 18 km
Duración: 6 h
Dificultade: Baixa
Tipo de trazado: Lineal e circular
Punto partida: Praia de Barrañán
Punto chegada: Praia de Barrañán
Concellos polos que pasa: Arteixo
Duración: 6 h
Dificultade: Baixa
Tipo de trazado: Lineal e circular
Punto partida: Praia de Barrañán
Punto chegada: Praia de Barrañán
Concellos polos que pasa: Arteixo

Folla de información da Ruta. Formato PDF, é necesario o programa Acrobat Reader que podes obter aquí